Casablanca Ale, cervexa de estilo Americam Pale Ale (APA), suave, refrescante, agradable ...
A micro Casablanca Ale abre as súas portas co ánimo de presentar unha cervexa agradable e apetecible combinando a nobleza e temperamento das materias primas cun coidadoso proceso de elaboración.
Este concepto vai ligado á ilusión de recuperar a nosa marca e a nosa fábrica de gaseosas e bebidas carbónicas “La Casablanca” con percorrido industrial en Ourense dende os anos corenta ata finais dos anos noventa.


A inspiración do proxecto resúmese en dous valores complementarios: calidade e tradición. A concreción desta combinación queda amparada por unha infraestructura que da resposta as necesidades industriais actuais adaptándose ao entorno orixinal; por uns equipamentos deseñados para optimizar o proceso de produción no espazo físico existente e por a incorporación de tecnoloxías que nos permiten unha maior homoxeneidade e control da nosa cervexa.

A recuperación da antigua fábrica realizouse coa mínima intervención precisa, mantendo a fidelidade e armonía ca honestidade do legado entregado á terceira xeración. A concordancia dos nosos espazos: o pequeno xardín de lúpulo, a zona de degustación e o local de industria conciben un ámbito conxunto de traballo e de reunión e disfrute..

Cervexa estilo American Pale Ale (APA)
Casablanca Ale
Elaborada exclusivamente con malta de orxo, lúpulo e agua.
Casablanca Ale
Sometida a posterior fermentación en botella para acadar o grao de carbonatación axeitada.
Casablanca Ale
Unha cervexa viva, sem posterior pasterización, na que o lévedo se atopa presente.

Casablanca Ale
Suave, refrescante, agradable e que chama a repetir.
Casablanca Ale
Amargor moderado e con abundante e persistente espuma.
Casablanca Ale
De cor ámbar, con boa claridade.

Aberta Zona de Degustación
